Páginas

viernes, 10 de junio de 2016

VISITA A CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA E PENA DE RODAS

     Fixemos unha visita moi interesante á Casa-Museo de Manuel María. A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013. Está concibida como un espazo físicopara acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que serva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.














     Despois fixemos unha pequena pausa para coller forzas e comezar a ruta cara o Campo de Santa Isabel...



     Camiñamos unha pequena ruta cara Santa Isabel, tamén coñecido como “As Veigas”. O Campo de Santa Isabel ubícase, á sombra dunha frondosa arboreda, na confluencia dos ríos Miño e Ladra. Preto do campo hai un muíño, que aínda se utilizaba fai pouco tempo, unha capilla restaurada recentemente e a praia fluvial de Santa Isabel. Nesta área recreativa puidemos disfrutar dunha relaxada comida ao aire libre e disfrutar da natureza.

 
























     Dende alí collimos o autobús cara "Pena de Rodas". As "Penas de Rodas" son duas enormes pedras de granito, case perfectamente esféricas, asentadas só sobre bases moi pequenas, que parecen estar a piques de caer rodando, algo que impresiona ao acercarnos a elas.
















    
     Un día fantástico en moi boa compañía.