miércoles, 16 de noviembre de 2016

Quen puidera namorala - Xoel López

Velaquí temos un poema de Álvaro Cunqueiro da súa obra do ano 1933 "Cantiga Nova que se chama Riveira" e que soubo adaptar moi ben Xoel López...así da gusto traballar a poesía galega!

lunes, 14 de noviembre de 2016

A Constitución

     O próximo día 6 de Decembro celebraremos a Constitución...velaquí unha pequena explicación que nos servíu de moito na clase:





       Aprendemos moito!!

jueves, 20 de octubre de 2016

VISITAMOS A FRAGA PRETO DO COLE

O día 20 de outubro visitamos unha fraga preto do colexio para descubrir os cambios que produce a estación na que nos atopamos na nosa contorna.








Veo connosco o profesor Filipe e amosounos unha chea de curiosidades que tíñamos ben pretiño do colexio. Fantástico poder aprender dun xeito tan vivo e de primeira man todo o que é a nosa contorna.














viernes, 30 de septiembre de 2016

Visita da ilustradora María Lires

Hoxe tivemos a visita da ilustradora María Lires. Moito nos ensinou da súa arte e qué ben o pasamos debuxando e deixando voar a nosa imaxinación..

Velaquí unha pequena mostra da nosa xornada...